Guitiriz traslada as celebracións do Nadal ao pavillón dese este luns

A partir deste luns, 29 de decembro, as actividades de Nadal do Concello de Guitiriz trasladaranse ao Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz. Ese día haberá Dance Mats Interactive, inchables e obradoiros entre as 17:00 e as 20:00 horas. O 30 de decembro chegará un circuíto de coches de radio control, xunto con inchables e novos obradoiros, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. O 31 de decembro, para despedir o ano, ofreceranse toro mecánico, táboa de surf, inchables e máis obradoiros entre as 11:00 e as 14:00 horas.
Xa en 2026, o 2 de xaneiro, o público poderá desfrutar de Rokomonte, inchables e obradoiros pola mañá e pola tarde. O 3 de xaneiro, os máis pequenos contarán con xogos de feira, un posto de flocos de millo, inchables e obradoiros, tamén en horario de mañá e tarde.
A programación especial pecharase o 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada polo Concello e a Asociación Cultural Xermolos. A comitiva percorrerá Parga ás 15:30 horas e Guitiriz ás 17:00 horas, e incluirá a recepción oficial aos Reis Magos de Oriente no Concello e a posterior recepción á cativada no pavillón, onde haberá música e unha chocolatada para todas as persoas asistentes.