Guitiriz volverá encherse de música o mércores 13 de abril

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz volverá a encherse de música o vindeiro mércores 13 de abril gracias a escola municipal de música.
1 Concerto de primavera Guitiriz 2022
11 Abr 2022

O Concello de Guitiriz volverá a encherse de música o vindeiro mércores 13 de abril gracias a escola municipal de música.

Este espectáculos será no Campo da feira a partir das 18.30 horas e no acto participarán o grupo da UNED Sénior de Guitiriz, o grupo de gaitas da escola e a Banda de Música Municipal de Guitiriz.

A Escola de Música de Guitiriz foi creada no ano 1996 por iniciativa do concello co fin de ofertar unha formación musical e achegar todo tipo de música aos veciños do municipio e os seus arredores. Encóntrase situada nunha das aulas habilitadas para tal fin dentro da nave municipal do SENPA.

0.11477088928223