Guitiriz celeb cunha xornada de baile este domingo

TerraChaXa
O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, contará cunha merenda
baile-bailar-clases
7 Feb 2025

Este domingo 9 de febreiro, a Escola Habanera de Guitiriz acollerá unha nova animada xornada de baile aberta a todo o público. O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, promete ser unha tarde de diversión para persoas de todas as idades.

Durante a celebración, haberá un descanso acompañado dunha merenda para recargar enerxías. Os asistentes poderán desfrutar de diferentes sorpresas e os que non desexen bailar terán xogos de mesa.

A entrada terá un custo de 5 euros, e o evento está organizado polo Concello de Guitiriz.

0.17447590827942