Guitiriz xa ten listo o programa das festas de San Xoán

TerraChaXa
As festas iniciaranse o día 22, sábado, coa celebración da III edición da Festa da Xuventude
fogueira-san-xoan-guitiriz
Cartel das festas
18 Maio 2024

O San Xoán de Guitiriz xa ten listo o seu programa de festas que este ano terán lugar entre o 22 e o 25 de xuño cunha programación que organiza a asociación Ecce Homo en colaboración co Concello, a Comunidade de Montes San Xoán de Lagostelle e o colectivo empresarial.

As festas iniciaranse polo tanto o día 22, sábado, coa celebración da III edición da Festa da Xuventude, na que destaca a participación dos djs Celso Bayo e Iván Estevez aka dj Galvi. A festa dará comezo ás 22.30 horas pero haberá xa ese mesmo día unha sesión vermú con Os Trapeiros dos Vilares e Javi Show.

Rematará esta noite co concerto de La Última Legión.

Os actos do día 23 darán comezo cun pasarrúas de Sons da Aldea que se complementarán con varias actuacións a partir das 14.00 horas, en concreto da Banda de Música do Concello de Guitiriz, o Grupo Municipal de Gaitas e o Grupo da UNED Sénior. Ademais, haberá sesión vermú, neste caso a cargo de Eureka.

Pola noite haberá sardiñada gratuíta e Lume Novo de San Xoán a partir das 21.00 horas que se complementa coa verbena a cargo de Saudade e Eureka de novo.

O luns 24, terá lugar ás 14.15 horas a actuación de Mariachi Juvenil Mi Tierra, antes da sesión vermú, que estará cargo da orquestra Pontevedra. Esta mesma repetirá pola noite xunto a Cinema.

O martes 25 continuará a programación coa xornada dedicada á Festa dos Nenos, que será en horario de tarde. Pero, pola mañá está prevista a actuación do Grupo Municipal de Gaitas de Guitiriz, a Coral de Xermolos e as Panderetieras Na Casa Zoqueiro.

A música de orquestra estará a cargo de Solara, en sesión de mañá e noite e La Fórmula, que actuará só na verbena.

cartel-festas-san-xoan-guitiriz
0.17703914642334