Harry Potter será o protagonista dunha sesión este mércores na biblioteca de Vilalba

TerraChaXa
O Club de Ciencia Átomos Chairegos do IES Basanta Silva presentará unha competición das casas aberta á participación dos fans deste mago
harry-potter-en-vilalba
9 Dec 2024

A maxia da ciencia chega á Biblioteca Municipal de Vilalba o e este mércores, 11 de decembro, ás 17:00. O Club de Ciencia Átomos Chairegos do IES Basanta Silva presentará unha competición das casas de Harry Potter aberta á participación dos fans deste mago.

Cos seus saberes científicos os alumnos e alumnas do club de ciencias non deixarán indiferente a ninguén... o espectáculo está asegurado.

A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos con acompañante e as persoas que desexen participar poden facelo a través deste formulario.

0.15003490447998