Héctor Moris renuncia ao cargo de concelleiro en Foz
O edil de Educación, Cultura e Festas, Héctor Moris Fernández, renuncia a cargo de concelleiro en Foz e será substituído por Javier Fraga, veciño da vila focense.
Héctor Moris manifestou: “hoxe é un día duro, no que motivos persoais e familiares lévanme a tomar a decisión de renunciar ao cargo de concelleiro. Foi un ano intenso, no que traballei con humildade para mellorar o noso concello. Voume co aprendido e as persoas que coñecín e coas que traballei. Quero dar as grazas a todas elas e desexarlle toda a sorte do mundo ao meu sucesor e a todo o equipo de goberno”.
E o alcalde, Fran Cajoto, agradece “profundamente o traballo e esforzo de Héctor Moris. O seu labor nas áreas de educación, cultura e festas quedou ben patente, incluso nunha época tan complicada como a que estamos a vivir. Son momentos de continuar a traballar e redobrar o esforzo naquelo que nos apaixona: o progreso do Concello de Foz”.