'Hija de la luna' chega ás Pontes como actuación estrela das Festas do Carme

TerraChaXa
Será o próximo 18 de xullo ás 22:00 horas na Rúa 8 de marzo
gira-hija-de-la-luna-(9)
13 Jun 2025

O próximo 18 de xullo ás 22:00 horas e con motivo da celebración das Festas do Carme, a Rúa 8 de marzo das Pontes será testemuña dun espectáculo inesquecible: Hija de la luna– A mellor homenaxe a Mecano do mundo.

Un espectáculo protagonizado por Robin Torres, que volve aos escenarios tras 7 anos de xira e máis de 300 concertos por España e Latinoamérica, conquistando a miles de espectadores coa súa impresionante homenaxe a unha das bandas máis icónicas do pop en español.

Nesta nova etapa, Hija de la Luna rende tributo á xira máis importante de Mecano, a do seu disco Descanso Dominical, o máis vendido da súa carreira e un fito que os consolidou como lenda.

O espectáculo foi completamente renovado: novas coreografías, vestiario espectacular e unha escenografía brillante, todo coidado ata o máis mínimo detalle para revivir a esencia dun auténtico concerto de Mecano.

A crítica foi unánime: Hija de la Luna é a mellor homenaxe a Mecano ata a data, e agora, o público das Pontes poderá gozar desta experiencia única e emocionante dentro do marco das Festas do Carme 2025.

Unha noite para cantar, emocionarse e volver vivir, coma se fose a primeira vez, os grandes éxitos de Mecano: Cruz de navajas, La fuerza del destino, Mujer contra mujer, Me cuesta tanto olvidarte, entre moitos outros. O acceso a este concerto é gratuíto.

⚙ Configurar cookies
0.17486786842346