Hijos de Ramón Rubal regala plantas de piñeiro aos seus clientes para repoboación
A empresa lucense Hijos de Ramón Rubal vén de comezar unha campaña de incentivación da plantación do piñeiro para o que regalarán as plantas de piñeiro insigne (Pinus Radiata) e piñeiro do país (Pinus Pinaster) a todos os que o desexen e que teñan como finalidade efectuar novas plantacións en todas as fincas que contraten con eles a corta da madeira actual.
Dende a firma entenden que, a medio e longo prazo, o pino é unha madeira que vai manter un elevado prezo no mercado xa que pode escasear a súa produción tanto a nivel galego como mesmo a nivel estatal.
"O mercado necesita un consumo moi alto e regular de madeira de pino, por exemplo cada vez é máis necesaria en táboa, para pellets, en fábricas de taboleiros, no sector do transporte utilízase para embalaxes e na paletización", trasladan os xerentes de Hijos de Ramón Rubal S.L.
Así mesmo, o pino é unha planta que permite un mellor descanso ao terreo, ao mesmo tempo que o aboa para outros posteriores cultivos.