Homenaxe ás supercampioas do Burela FS na Deputación

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto aos deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e de Deportes, Efrén Castro Caloto, o Alcalde burelés, Alfredo Llano García, e outros membros da Corporación provincial, recibiron o martes ao Presidente do Pescados Rubén FS, Manuel Blanco Fanego, ao corpo técnico e ás xogadoras do primeiro equipo.
70762651_2456909001195089_5151568909387694080_n
18 sep 2019

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto aos deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e de Deportes, Efrén Castro Caloto, o Alcalde burelés, Alfredo Llano García, e outros membros da Corporación provincial, recibiron o martes ao Presidente do Pescados Rubén FS, Manuel Blanco Fanego, ao corpo técnico e ás xogadoras do primeiro equipo. O Pescados Rubén Burela FS vén de poñer o broche de ouro á temporada 2018-2019 gañando a Súper Copa de España, conquistada o 6 de setembro, e a 4 Nations Futsal Women’s Cup celebrada en Milán o 1 de setembro.

Tomé Roca explicou que é “un gran orgullo para nós tervos nesta casa, pois sodes un equipo de referencia e levades o nome da provincia, xa non só a toda España, se non tamén a Europa”. 

A Deputación fai publicamente así un merecido recoñecemento á gran labor deportiva e social que desenvolve o Club, o único que conta con equipo feminino e masculino na Primeira División Nacional e que ademais desenvolve un destacado traballo en prol da igualdade de xénero, reflexado na sinatura dun convenio pioneiro en prol dos dereitos laborais e sociais das xogadoras.

Así mesmo, o presidente felicitou á afección de Burela e a súa entrega co equipo, ao tempo que lle desexou ao Club moitos novos logros na vindeira temporada.

0.18562698364258