Hostaleiros de Guitiriz convocan un concurso de decoración de locais polo Samaín
TerraChaXa
A asociación hostaleira de Guitiriz Debares convoca un concurso de decoración de vivendas e de negocios con motivo do Samaín.
31 Out 2019
A asociación hostaleira de Guitiriz Debares convoca un concurso de decoración de vivendas e de negocios con motivo do Samaín. A iniciativa, que se celebra por segunda vez, ofrece premios de 150, 100 e 50 euros. Os participantes deberán colgar en Facebook unha ou dúas fotos das súas vivendas ou locais decorados para estas datas con cabazas e similares. Estas fotos deberán ter a etiqueta # samainguitiriz2019. O prazo para participar está entre o 31 deste mes e o 3 de novembro.
Hai 13 negocios rexistrados; tres son de Parga (CIT, Comba e Recreo), e dez, de Guitiriz (Xoldra, Gaibor, Soa, Korreo, Flamkingo, Zeus, Titanic, Centro, Tiki Tiki e Nistal).