Hoxe abre o prazo para solicitar as axudas da luz en Muras
O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, anunciou mediante un bando que hoxe, día 1 de febreiro abre o prazo para solicitar, un ano máis, as axudas ao pago da factura da luz, que foron aprobadas polo Pleno. O Concello destinará a este capítulo un total de 90.000 euros.
Ofrecen unha liña continuísta coas axudas outorgadas o ano anterior. Así haberá de novo dúas liñas de axudas, unha destinada aos autónomos, pequenas empresas ou explotacións agropecuarias radicadas no municipio, para subvencionarlles tamén o pago da factura da luz, cunha contía fixa de ata 1.500 euros.
Ademais, manterase a liña de sempre dirixida a subvencionar os gastos domésticos con unha subvención de ata 600 euros para cada familia. Para chegar á máxima cuantía o tope en fogares será con rentas inferiores a 15.000 euros.
Estas novas axudas volverán que se convocan todos os anos en febreiro, cubren os gastos do ano 2022.
O alcalde da localidade, Manuel Requeijo, manifestou que “estas axudas é o sexto ano que se aproban e está claro que están para quedarse e supoñen nestes momentos que vivimos unha axuda importante xa que por exemplo para un negocio pode supoñer a axuda o custe de dous meses de electricidade”.
As persoas que as soliciten deberán presentar o documento de solicitude e o DNI acompañado das facturas do ano 2022, o certificado da conta bancaria para o ingreso, copia do IRPF de 2021, copia dos certificados de todos os ingresos e estar ao día nas obrigas tributarias.
O prazo remata o día 28 de febreiro.