Hoxe comezan as festas no lugar de Xemil, na Pastoriza

TerraChaXa
A localidade de Xemil, en Bretoña, A Pastoriza, celebra esta fin de semana as súas patronais na honra a San Antón.
festas-xemil-pastoriza-portada
1 Jul 2023

A localidade de Xemil, en Bretoña, A Pastoriza, celebra esta fin de semana as súas patronais na honra a San Antón.

Estas terán o seu inicio hoxe, sábado, ás 13.30 horas cunha misa e procesión seguidas da tradicional sesión vermú, que estará a cargo do trío Carpedien. Este mesmo grupo será o encargado da verbena xunto ao dúo Maracaibo.

O domingo haberá festa tamén con sesión vermú a partir das 14.00 horas da que se encargará o dúo Venus.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

Na Pastoriza tamén hai festa na localidade da Regueira. Estas comezaron onte coa festa da Xuventude con disco móbil pola noite. Hoxe sábado, a música estará tamén ao cargo de Galaxia en sesión vermú e verbena, e o Grupo M-5 pola noite. O domingo tamén farán dobrete Los Adrianos. Nas dúas xornadas está prevista misa maior e procesión ás 13.30 horas.

Tamén festexan outras localidades de Vilalba e Cospeito; Abadín e Guitiriz; Friol e Castro de Rei; e as vilas de RiotortoBegonte e Muras.

festas-xemil-pastoriza

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16902208328247