Hoxe haberá teatro afeccionado en Muras
Hoxe, Muras acolle unha representación do Grupo Nova Escena Teatro, de Lugo, coa obra A tortilla e a peste, a partir das 19.00 horas na Casa do Médico.
Trátase dunha representación na que varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento de 2020. "Pero nada triste, é para pasar un bo rato, unha comedia para todos os públicos á que vos convidamos a vir, unha peza dirixida por María Márquez cun texto de Xoan C. Laxe, parte do estupendo circuíto afeccionado de Teatro da Deputación de Lugo", explican os artistas
A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no axis mundi duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía.