Hume presentará a revista número 16 e fará entrega dos premios do Certame de Investigación

TerraChaXa
Cada asistente recibirá este xoves un exemplar da publicación
presentacion-revista-hume-e-premios
Cartel
16 Xul 2024

A Asociación de Estudos Históricos e Sociais das Pontes presenta o número 16 da revista Hume o xoves, día 18, ás 20.00 horas, na Casa Dopeso.

No acto tamén se entregarán os premios do oitavo certame de investigación e cada asistente recibirá un exemplar da publicación.

Neste número hai artigos de Miguel Ledo, Enrique Tort, Francisco Javier González, J. Óscar Castro Negreira, Justino Fernández, J. Carlos Vázquez, Manuel Escourido-Calvo e Xosé Carlos Breixo (sobre o Camiño Francés).

0.091620922088623