I Concurso #QuedaNaCasa do Valadouro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Mar 2020

O Concello do Valadouro organiza un concurso online para facer máis divertido o confinamento nas casas.

Haberá dúas modalidades, debuxo e fotografía on-line e nos dous poderán participar nenos, nenas, mozos e mozas do Concello de O Valadouro.

En debuxo, cada persoa poderá presentar ata 2 traballos de temática libre de tamaño A4.

Os traballos escanearanse ou sacaráselles unha fotografía e enviaranse ao e-mail: concurso@valadouro.org coas indicacións: Nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, curso e centro de estudios, tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante e número do documento nacional de identidade.

Haberá tres premios por categoría que consistirán en vales de compra para inverter en locais comerciais do concello que non puideran abrir por da declaración do estado de alarma e que deberán de ser consumidos no prazo dun mes a partir do día seguinte da entrega de premios.

Para todas as categorías, Infantil, Primeiro ciclo de Primaria, Segundo ciclo de Primaria e Secundaria, os premios serán de un primeiro premio de 30 euros, un segundo de 20 e un terceiro de 10. A entrega de premios farase en acto oficial despois de que remate o Estado de Alarma.

Fotografía on-line

Na modalidade fotografía on-line poden participar persoas de máis de 16 anos do Concello, a temática será  #QuedaNaCasa, é dicir, amosar o que se fai neste tempo de corentena na túa casa. O prazo de presentación remata o martes 27 de marzo de 2020 ás 23:59h.

Cada persoa poderá presentar ata 2 fotografías en formato .jpg e 72ppp. de resolución (mínimo), un peso de 8 Megabytes(Mb) e tamaño mínimo de 1600×2300 pixeles.

Os traballos enviaranse ao e-mail concurso@valadouro.org coas indicacións CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ON-LINE
e o nome, apelidos, idade, teléfono de contacto tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante (menor de 18 anos) e número do documento nacional de identidade.

Tan só haberá unha única categoría que contará con tres premios que consistirán en vales de compra para inverter en locais comerciais do concello que non puideran abrir por da declaración do estado de alarma e que deberán de ser consumidos no prazo dun mes a partir do día seguinte da entrega de premios.

O primeiro premio é de 60 euros, o segundo de 40 e o terceiro de 20 euros. A entrega de premios farase en acto oficial despois de que remate o Estado de alarma.

Os traballos subiranse ás redes sociais municipais (facebook) e os visitantes poderán darlle a Me gusta en cada foto. Cantos máis teña cada traballo máis puntos obterá. A votación pública será entre o 28 de marzo ás 0.00 horas e o 30 ás 23.59h.

O resultado dos dez máis votados será o que terá que valorar o xurado que se reunirá telemáticamente para determinar veredicto e facer público os gañadores dos premios.

0.18783402442932