IES de Guitiriz, Monforte e Castroverde, seleccionados para participar na V Liga Marker Drone

Os centros IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz; IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos; e o CPI Castroverde, foron seleccionados para participar na V Liga Maker Drone, unha competición tecnolóxico-educativa impulsada pola Fundación Barrié e ITG que congrega a centros educativos de toda Galicia co obxectivo de fomentar as vocacións STEM entre alumnos de 2º de ESO.
O IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz, que a edición pasada recibiu o premio á mellor presentación, tentará repetir o éxito nesta edición.
Os preto de 180 alumnos e alumnas que foron seleccionados para participar na V Edición da liga Maker Drone coñecerán o próximo 30 de outubro nunha xornada formativa na Coruña o reto exposto polos promotores desta iniciativa e que poñerá a proba a creatividade, enxeño e capacidade dos participantes para traballar en equipo.