Iglesias defende un presuposto para A Pastoriza de "marcado carácter social"

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza aprobou en Pleno os orzamentos anuais, que este exercicio ascenden a 2.
16 Mar 2020

O Concello da Pastoriza aprobou en Pleno os orzamentos anuais, que este exercicio ascenden a 2.810.000 euros "e que levan consigo un marcado caracter social", segundo explicou o alcalde da localidade, Primitivo Iglesias, que se poden resumir en catro puntos.
Para o alcalde, os presupuestos que rexerán o concellos están elaborados sobre catro piares básicos. O primeiro piar sería o mantemento dos servizos públicos básicos, como luz, auga, alcantarillado e lixo, entre outros.
O segundo punto sería o apoio ás asociacións culturais e veciñais polo que continuarán as axudas dirixidas a estes colectivos "en especial a aqueles que teñen unha gran actividade de dinamiación das diferentes parroquias", subliñou Iglesias.
Engade tamén que na mesma liña haberá "unha aposta decidida polo ámbito cultural e deportivo sen esquecer outros servizos de imperiosa neceidade como as infraestruturas veciñais como as vías de comunicación.
O cuarto e último piar destes orzamentos será "unha nova e importante redución da débeda que no e exercizo do ano pasado era de 200.000 euros. Como explica Primitivo Iglesias, dende 2007 "conseguimos baixar a débeda, que estaba en máis dun millón de euros ata os 105.000 euros que temos hoxe, grazas a unha política de contención e de coidado do gasto".
O alcalde concluiu que os orzamentos están concebidos "pensando nas persoas e non seu benestar, buscando o progreso en todos os ámbitos, tanto cultural como educativo e nos servizos sociais".
Así mesmo, Iglesias indicou que non teñen previstas grandes inversións, "para as que esperamos contar coas aportacións doutras institucións e atendendo á regra de gasto".

0.16265511512756