Iglesias urxe á Deputación o amaño da estrada de Xemil a Campodoso

TerraChaXa
30 sep 2019

O presidente da Deputación, José Tomé, mantivounha reunión co alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, para coñecer de primeira man as necesidades do municipio chairego. O encontro forma parte da rolda de contactos con representantes municipais e de colectivos que está a realizar o dirixente do organismo provincial logo da súa chegada á institución.

Nesta reunión, o mandatario pastoricense fíxolle chegar as necesidades máis inmediatas para o concello, que pasaría en primeiro lugar por rematar o tramo final da estrada provincial entre Xemil e Campodoso.

Segundo indicou o alcalde, "foi unha xuntanza cordial de toma de contacto como no podía ser doutro xeito na que a preocupación principal era coñecer as urxencias, como está facendo con todo os concellos, para facer unha gradación de actuacións".

"Imaxino que a intención é facerse unha idea global, razón pola que lle transmitimos outras necesidades do concello", concluíu.

0.20626521110535