II edición campionato Delicias Gastronómicas de Taekwondo

TerraChaXa
A II edición do campionato Delicias Gastronómicas de Taekwondo, que terá lugar o día 23 de marzo no pavillón municipal a partir das 10:30 horas contará con sesións de adestramento que incluirán unha clase maxistral coa taekwondista pontesa Lucía Legaspi.
Captura de pantalla 2019 03 21 a las 12.41.50
22 Mar 2019

A II edición do campionato Delicias Gastronómicas de Taekwondo, que terá lugar o día 23 de marzo no pavillón municipal a partir das 10:30 horas contará con sesións de adestramento
que incluirán unha clase maxistral coa taekwondista pontesa Lucía Legaspi.

A competición celebrarase na sesión de tarde, a partir das 16.00, tamén no pabellón. Os primeiros clubs clasificados neste torneo levaranse unha cesta con produtos gastronómicos típicos da zona como premio. No apartado individual, os gañadores recibirán unhas medallas artesanais.

A xornada completarase con sorteos de agasallos para os asistentes que compren rifas, un diñeiro que se destinará á entidade Somos Unidos contra o Cancro. Esta cita espera reunir a máis de 200 taekwondistas de Galicia, Asturias e Portugal.

MOO DUK KWAN
0.17656707763672