O III Torneo de Pádel na Pastoriza celebrarase os días 20, 21 e 22 de xuño

TerraChaXa
As inscricións estarán abertas ata o 15 de xuño, cun custo de 15 euros por persoa
torneo-padel-pastroiza
4 Jun 2025

A Pastoriza acollerá unha nova edición do seu xa consolidado Torneo de Pádel, que este ano chega á súa terceira edición. O evento desenvolverase durante os días 20, 21 e 22 de xuño, converténdose nunha das citas deportivas destacadas do verán na comarca.

As inscricións estarán abertas ata o 15 de xuño, cun custo de 15 euros por persoa, incluíndo agasallo para cada participante. En caso de ter algunha limitación horaria, recoméndase aos interesados que o comuniquen no momento da inscrición.

As categorías dispoñibles serán feminino, masculino, feminino Iniciación e masculino Iniciación.

A organización sinala que as prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribirse canto antes. Para máis información, pódese contactar a través dos teléfonos 659 555 176 ou 626 523 637.

En canto aos premios, os gañadores de cada categoría recibirán 120 puntos máis un agasallo, mentres que os segundos clasificados obterán 50 puntos e tamén un agasallo.

O torneo contará con servizos complementarios como vestiarios, baños e música e bar para garantir unha experiencia completa e amena para todos os asistentes. Ademais, entre todos os xogadores sortearase un curso de condución ofrecido por PTC.

O evento conta coa colaboración do Concello da Pastoriza, a Asociación Cultural e Deportiva A Pastoriza, a Asociación de Comerciantes e Empresarios da localidade (ASAPA) e PTC (Perfeccionamiento y Técnicas de Conducción).

⚙ Configurar cookies
0.16483688354492