Imparten cursos de natación na piscina de Cospeito

O Concello de Cospeito organizou cursos de natación para o mes de agosto que se impartirán na piscina municipal. O prazo de inscrición para os mesmos está aberto e esta debe facerse no teléfono 626 850 544.
Os cursiños terán lugar durante todo o mes de agosto.
Por outra banda, o Concello mantén aberta a piscina municipal de verán de luns a domingo con horario de 12.00 a 22.00 horas.