Imparten en Árbol clases de danju e de música tradicional

A asociación cultural e deportiva de Árbol, en colaboración coa Asociación Galega de Taekwondo Tradicional convoca un curso de danju todos os mércores, de 11.30 a 12.30 horas, unha modalidade de ximnasia específica para maiores.
Esta terá lugar na escola do Santo comezando o día 1 de outubro. Todos os interesados en asistir deberán inscribirse previamente no 652 710 392.
O danju, que non traballo no chan, está especialmente dirixido a persoas con problemas vinculados ao aparato locomotor como hernia, osteoporose, problemas na columna, sobrepeso ou dores de xeonllos e brazos.
O danju é unha disciplina evolucionada do método Pilates, deseñada para facela factible a todas as condicións físicas, independentemente da idade, o estado físico, etc.
Tamén os mércores, pero ás 20.30 horas impartiranse clases de música tradicional para adultos e nenos. Estarán a cargo de Pablo Pintor e este ano, como novidade, haberá cantos de taberna. Os interesados poden poñerse en contacto con Lino no 658 895 632.