Imparten en Begonte un obradoiro de manexo do estrés e a ansiedade

TerraChaXa
O Concello de Begonte acollerá un obradoiro de manexo do estrés e a ansiedade dirixido á poboación en xeral, que terá lugar o luns 8 de maio.
taller estres e ansiedade begonte portada
5 Maio 2023

O Concello de Begonte acollerá un obradoiro de manexo do estrés e a ansiedade dirixido á poboación en xeral, que terá lugar o luns 8 de maio na casa da cultura local entre as 16.30 e as 19.00 horas.

Os obxectivos son aprender a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital: enfermidade, dolor, etc.

Para participar será necesario unha inscrición previa antes do 5 de maio a través do correo deportes@concellodebegonte.es, o whatsapp 619 455 026, o teléfono 982 396 143 ou presencialmente no Concello.

A formación estará ao cargo da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

taller estres e ansiedade begonte
0.17989897727966