Imparten en Begonte un obradoiro sobre prevención de infeccións e antibióticos

TerraChaXa
O curso será impartido o 14 de outubro polo docente Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en Prevención de Riscos
curso-uso-medicamentos-portada
7 Out 2024

O Concello de Begonte, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, organiza o próximo lun 14 de outubro un curso sobre a prevención das infeccións e o uso de antibióticos dirixido a pacientes, familiares, coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral, con carácter gratuíto.

Os obxectivos do mesmo son coñecer o significado de infección e enfermidade infecciosa, dotar das habilidades para diferenciar enfermidade vírica e enfermidade bacteriana, coñecer os mecanismos de transmisión das enfermidades, poder recoñecer os principais grupos de risco e consellos para evitar as enfermidades infecciosas.

No curso trataranse os conceptos de enfermidade infecciosa, a diferencia entre virus, bacterias, fungos e parásitos; os mecanismos de transmisión das enfermidades infecciosas; os grupos de risco; consellos para previr as enfermidades infecciosas; a hixiene de mans e o uso adecuado dos antibióticos.

O curso será impartido de 17.00 a 21.00 horas polo docente Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en Prevención de Riscos.

A inscrición pecharase o 8 de outubro.

0.19119906425476