Imparten en Burgás unha clase de danju e un curso de manualidades

TerraChaXa
Será o día 1, ás 21.00 horas na escola e o curso un sábado cada quince días
danju-goiriz-portada
29 sep 2024

A asociación veciñal de Burgás, en colaboración coa Asociación Galega de Taekwondo Tradicional celebrará este martes, 1 de outubro, nesta parroquia xermadesa unha clase informativa e demostración gratuíta de danju, unha modalidade de ximnasia específica para maiores.

Esta terá lugar na escola, ás 21.00 horas e os interesados en asistir deberán inscribirse previamente no 652 710 392.

O danju, que non traballo no chan, está especialmente dirixido a persoas con problemas vinculados ao aparato locomotor como hernia, osteoporose, problemas na columna, sobrepeso ou dores de xeonllos e brazos.

O danju é unha disciplina evolucionada do método Pilates, deseñada para facela factible a todas as condicións físicas, independentemente da idade, o estado físico, etc.

MANUALIDADES

Por outra banda, está convocado un curso de manualidades para desenvolver na parroquia, na Casa Escola, a partir do 4 de outubro.

Será os sábados cada quince días e faranse traballos de manualidades, tapizado e cestaría, entre outros.

As persoas que desexen anotarse poden facelo no 676 937 189.

0.10672807693481