Imparten en Friol un curso de técnicas de Estudo

LugoXa | TerraChaXa
A inscrición poderá realizarse nas oficinas do concello ou no teléfono 982 375 001
curso-tecnicas-estudo-friol
Cartel
7 sep 2024

O Concello de Friol, a través de Afammer (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural) convoca un curso gratuíto sobre Técnicas de Estudo, dirixido a mulleres maiores de 18 anos, que se levará a cabo o próximo 13 de setembro en horario de 16.00 a 22.00 horas no centro sociocultural.

A finalidade é coñecer as técnicas de estudo e memorización máis operativas e a adecuación das mesmas cando existen dificultades de aprendizaxe.

Os contidos serán teoría das intelixencias múltiples, reestruturación cognitiva para o estudo, hábitos de estudo en nenos e nenas de primaria, diferenzas entre técnicas de estudo e técnicas de memorización, técnicas de estudo, técnicas de memorización e dificultades de aprendizaxe, como a dislexia, discalculia, disgrafía, TDAH e altas capacidades.

A inscrición poderá realizarse nas oficinas do concello ou no teléfono 982 375 001.

0.1979649066925