Imparten en Insua un curso de elaboración de conservas vexetais

TerraChaXa
O Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo organizan un curso de elaboración de conservas artesanais para o que haberá 15 prazas.
7 Abr 2024

A Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua organiza un curso de elaboración de conservas vexetais dentro das actividades da Reserva da Biosfera.

O curso impartirase na Casa Escola de Insua o día domingo 14 (de 10:00 a 14:00 horas). A docente será Amparo Grandío Rodríguez, licenciada en Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos, enxeñeira técnica agrícola e diplomada en Ciencias Químicas.

A través deste curso, aportaranse os coñecementos prácticos e teóricos que permitan ós alumnos e alumnas elaborar conservas seguras e concienzalos sobre a necesidade da aplicación das Boas Prácticas de Manufactura.

Ademais, capacitarase ós alumnos para que poidan elaborar conservas de vexetais seguras. O envasado é un método de preservación dos alimentos polo cal quedan protexidos ante xermes patóxenos, mediante a esterilización ou pasteurización, sempre acompañada do control de pH e/ou actividade de auga.

Trátase dun curso dirixido a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas tanto particulares como profesionais relacionadas coas conservas artesanais. Dirixido a emprendedores, persoal gastronómico, e toda persoa interesada en iniciarse na elaboración de conservas con técnicas, procedementos e normas de calidade requeridos.

As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse no 696 618 454.

0.19556403160095