Imparten este sábado en Abadín un curso de manipulador de alimentos

O Concello de Abadín, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Afouteza de Abadín, organiza un curso de Manipulador de Alimentos que terá lugar o sábado 25 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, en Abadín.
A formación estará impartida por un técnico en Hixiene Alimentaria acreditado pola Consellería de Sanidade e conta coa acreditación de Afammer Lugo e Grupo Forma-T. Ao rematar o curso, as persoas participantes recibirán a certificación oficial obrigatoria segundo o Regulamento Europeo 852/2004, necesaria para o exercicio profesional en sectores vinculados á manipulación de alimentos.
Esta actividade está subvencionada pola Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social e Igualdade, o Programa Corresponsables e o Goberno de España – Ministerio de Igualdade.
As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 630 528 742, 619 331 655, 653 218 275 ou 650 130 981.