Imparten na Aula CEMIT de Guitiriz formación tecnolóxica para pemes e traballadores do Concello
A aula CeMIT do Concello de Guitiriz proporciona formación no ámbito Tecnoloxías da información e comunicación (Tics) dirixida a Pemes e os seus traballadores e traballadoras do Concello. Un curso sobre a Administración electrónica que ven da man do Colexio Profesional de Enxeñería Técnia en Informática de Galicia (CPETIG) impartido de maneira combinada.
Trátase de sesións formativas dinámicas e participativas co formador en directo, que irán acompañadas de fichas con actividades prácticas. De maneira complementaria, haberá contidos formativos complementarios para poder acceder á formación en calquera momento.
Consistirán en oito sesións de 2 horas cada unha, todas retransmitidas en liña. O alumnado pode realizar o curso completo, ou ben calquera das súas partes. O prazo de inscrición para os mesmos, que son gratuítos, é ata o día 9 de setembro.
O primeiro versará sobre as sedes electrónicas e como identificarse ante á Administración e se impartirán o 13 setembro de 18:00 a 20:00h. Falará sobre a Chave365, a Cl@ve, o certificado de FNMT e a identificación nas sedes electrónicas.
Continuarán co DNI electrónico e a sinatura dixital o día 15 de 18:00 a 20:00 horas. Inclúese na formación a autofirma.
O 20 impartirán outro sobre a sede electrónica da Xunta de Galicia e seguirán cun dobre sobre trámites tributarios con data 22 e 27 de setembro nos que se falará de portais da Axencia Tributaria estatal (AEAT) e autonómica (ATRIGA).
Os trámites xerais coa administración trataranse o 29 de setembro de 18:00 a 20:00 horas referíndose principalmente ao INSS, Catastro, Concellos, DGT e IGVS.
Continuarán o 4 de outubro cos trámites en materia de sanidade e as citas do Sergas para rematar o día 6 coas notificacións da administración.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.