Imparten nas Pontes un curso sobre intelixencia artificial

TerraChaXa
Pretende achegar aos participantes os conceptos básicos da IA, as súas aplicacións prácticas e as posibilidades creativas que ofrece
curso-intelixencia-artificial-as-pontes
19 Nov 2025

A Aula CEMIT das Pontes acollerá o vindeiro 22 de novembro unha nova acción formativa centrada na Intelixencia Artificial, unha proposta dirixida a todas aquelas persoas interesadas en comprender e experimentar coas tecnoloxías que están a transformar o presente.

O curso, de edición limitada, pretende achegar aos participantes os conceptos básicos da IA, as súas aplicacións prácticas e as posibilidades creativas que ofrece, destacando que “o único límite para a IA é a imaxinación humana”.

A actividade desenvolverase nas instalacións da Aula CEMIT, situada na rúa Rosalía de Castro 28 (Soto Casa Dopeso), en horario de 9:00 a 15:00 horas. As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do teléfono 640 813 790 ou no correo electrónico cemit.aspontes@xunta.gal
.

⚙ Configurar cookies
0.068942070007324