Imparten o xoves 14 en Xermade un curso de técnicas de estudo
O Concello de Xermade, a través de Afammer (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural) convoca un curso gratuíto sobre Técnicas de Estudo, dirixido a mulleres e homes con menores ao cargo, que se levará a cabo o próximo 14 de novembro en horario de 16.00 a 22.00 horas na sala de xuntas da biblioteca municipal.
A finalidade é coñecer as técnicas de estudo e memorización máis operativas e a adecuación das mesmas cando existen dificultades de aprendizaxe.
Os contidos serán teoría das intelixencias múltiples, reestruturación cognitiva para o estudo, hábitos de estudo en nenos e nenas de primaria, diferenzas entre técnicas de estudo e técnicas de memorización, técnicas de estudo, técnicas de memorización e dificultades de aprendizaxe, como a dislexia, discalculia, disgrafía, TDAH e altas capacidades.