Imparten un curso de castelán para migrantes en Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Impartirase entre o 29 de xullo e o 20 de agosto no edificio da Biblioteca e Correos
curso-competencia-castelan
Cartel
25 Xul 2024

A Fundación Impulsarse, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Agrupación Redevital, organiza un curso gratuíto para mellorar as habilidades orais en castelán dirixida á veciñanza de Castro de Rei e os seus arredores.

O curso impartirase entre o 29 de xullo e o 20 de agosto na praza Maior de Castro de Rei,  no edificio da Biblioteca e Correos.

Este curso é parte dos programas de promoción da participación social e está deseñado para axudar aos migrantes e a todos aqueles que desexen mellorar a súa fluidez en castelán. Contaremos con instrutores capacitados e un ambiente acolledor para facilitar a aprendizaxe.

Infórmse a través do WhatsApp 698 127 315.

0.20927882194519