Impartirán cursos de natación en agosto nas piscinas de Friol
LugoXa | TerraChaXa
Haberá dúas quendas. A primeira será do 4 ao 14 de agosto e a segunda do 18 ao 29

6 Jul 2025
O Concello de Friol impartirá cursos de iniciación e perfeccionamento de natación nas novas piscinas municipais a partir de agosto.
Estes cursos, que estarán subvencionados impartiranse do 4 ao 29 do próximo mes e o número de prazas é limitado polo que é importante facer a reserva na piscina antes do 25 de xullo.
Está dirixido a nenos e nenas que naceran en 2021 ou en anos anteriores.
Haberá dúas quendas. A primeira será do 4 ao 14 de agosto e a segunda do 18 ao 29.
O prezo será de 20 euros para socios e 30 para non socios.