Impartirán cursos de natación en agosto nas piscinas de Friol
LugoXa | TerraChaXa
O Concello de Friol impartirá cursos de iniciación e perfeccionamento de natación nas novas piscinas municipais a partir de agosto.
18 Xul 2023
O Concello de Friol impartirá cursos de iniciación e perfeccionamento de natación nas novas piscinas municipais a partir de agosto.
Estes cursos, que estarán subvencionados impartiranse do 1 ao 31 do próximo mes e o número de prazas é limitado polo que é importante facer a reserva na piscina antes do 26 de xullo.
Haberá tres quendas. A primeira será do 1 ao 11 de agosto, a segunda do 14 ao 25 e a terceira do 28 de agosto ao 8 de setembro.
O prezo será de 10 euros para socios e 15 para non socios.