Impartirán cursos de natación en agosto nas piscinas de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Haberá dúas quendas. A primeira será do 1 ao 16 de agosto, a segunda do 19 ao 30
piscinas-de-friol-club-fluvial-nuevo2
20 Xul 2024

O Concello de Friol impartirá cursos de iniciación e perfeccionamento de natación nas novas piscinas municipais a partir de agosto.

Estes cursos, que estarán subvencionados impartiranse do 1 ao 30 do próximo mes e o número de prazas é limitado polo que é importante facer a reserva na piscina antes do 26 de xullo.

Haberá dúas quendas. A primeira será do 1 ao 16 de agosto, a segunda do 19 ao 30.

O prezo será de 2o euros para socios e 30 para non socios.

curso-natacion-friol-piscina-agosto
0.17186689376831