Impartirán en Lanzós clases de danju con unha sesión de proba gratuíta

A asociación cultural dos veciños de Lanzós celebrará convoca clases de danju, ximnasia específica para maiores os martes de 19.30 a 20.30 horas. Este día 7 haberá unha demostración gratuíta.
Esta terá lugar na escola Habanera, ás 19.30 horas e os interesados en asistir deberán inscribirse previamente no 652 710 392.
O danju, que non traballo no chan, está especialmente dirixido a persoas con problemas vinculados ao aparato locomotor como hernia, osteoporose, problemas na columna, sobrepeso ou dores de xeonllos e brazos.
O danju é unha disciplina evolucionada do método Pilates, deseñada para facela factible a todas as condicións físicas, independentemente da idade, o estado físico, etc.