Impartiranse en Muras clases de reforzo educativo para nenos e de acitividad física para todos

O Concello de Muras vén de estrear o calendario outonal de actividades, que se desenvolverán ao longo deste trimestre e están pensadas para diferentes públicos. Haberá dúas modalidades principais: as orientadas ao benestar físico e as de reforzo educativo.
As sesións de benestar físico darán comezo o luns 6 de outubro e terán lugar de 17:00 a 18:00 horas na Escola da Balsa e de 18:30 a 19:30 horas na Casa do Médico. Pola súa banda, o reforzo educativo está dirixido ao alumnado de Primaria e aos dous primeiros cursos da ESO, e desenvolverase cada martes e mércores de 17:00 a 18:30 horas na Casa do Médico.
As actividades son gratuítas para a veciñanza ao estar subvencionadas. Para inscribirse, pode empregarse o código QR que figura no cartel, escribir ao correo alcaldia@muras.gal ou chamar ao teléfono 982 500 001. O Concello anima a toda a veciñanza a participar e aproveitar estas propostas.