Implantan en Rábade un sistema de control da calidade da auga
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade ven de poñer en funcionamento os novos sistemas de control e mellora da calidade da auga.
26 Nov 2021
O Concello de Rábade vén de poñer en funcionamento os novos sistemas de control e mellora da calidade da auga, que foron executados en colaboración con Augas de Galícia, e que supuxeron un investimento de 80.000 euros, tanto na estación de abastecemento, como na planta depuradora.
As melloras realizadas neste tempo consistiron na instalación dun sistema de control de calidade e cantidade dos verquidos con diferentes sistemas de alertas, permitindo detectar, en tempo real e dende calquera aparato con conexión a internet, tanto verquidos incontrolados, como volúmenes excesivos, tanto de chegada a planta como de saída ó cauce.
Así mesmo executáronse melloras na pranta de captación, no sistema de lavado de filtros, e sustituíronse 500 metros de tubería de fibrocemento por PVC.