Inauguran en Guitiriz a quinta edición da mostra 'Tal como eramos'

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto (Iescha), coa colaboración do Concello, inaugura o venres, día 21 de decembro de 2018, na Escola Habaneira de Guitiriz, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica Tal como eramos.
Captura de pantalla 2018 12 20 a las 9.04.39
20 Dec 2018

O Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto (Iescha), coa colaboración do Concello, inaugura o venres, día 21 de decembro de 2018, na Escola Habaneira de Guitiriz, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica Tal como eramos. Fotos para o recordo-Guitiriz, que chega á súa V edición.
Esta mostra consta de 120 fotografías en branco e negro e tamaño 30x20, a maioría da segunda metade do S. XX. Mostran a paisaxe guitiricense deses anos e xente da localidade en celebracións, actividades profesionais, eventos deportivos, etc. Hai tamén fotos que teñen como protagonistas a nenos así como intantáneas de grupos, de parellas e individuais. Posteriormente, todas estas fotos, xunto coas da IX exposición de Tal como eramos-Fotos para o recordo-Vilalba, incluiranse no apartado correspondente do Caderno de Estudos Chairegos no 9, que se editará a finais do presente ano.

Captura de pantalla 2018 12 20 a las 9.03.28
0.084900140762329