Inaugurada a exposición Imaxes do Nadal, no marco do Belén de Begonte

TerraChaXa
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle dende a mostra colectiva de fotografía Imaxes do Nadal, organizada polo Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán no marco das actividades do Belén de Begonte.
exposicio imaxes de nadal
19 Dec 2017

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle dende a mostra colectiva de fotografía Imaxes do Nadal, organizada polo Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán no marco das actividades do Belén de Begonte.

Trátase da interpretación persoal sobre o Nadal que realizaron os fotógrafos Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Fernández Ónega, José Manuel Guisasola, Gerardo Méndez e Hixinio Flores.

A mostra foi inaugurada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; os representantes da entidade organizadora, Xesús Domínguez Guizán e Xulio Xiz, e o alcalde de Begonte, José Ulla, e contou coa presencia de varios dos autores das fotografías, entre outros. Poderá ser visitada ata o día 28 de decembro.

0.20250487327576