Inaugurada a nova Biblioteca de Riotorto

TerraChaXa
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias e da xefa provincial da área de Cultura, María José Gómez, participaron no acto de reapertura da biblioteca municipal desta localidade.
portada_Biblioteca Riotorto
31 Xan 2018

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias e da xefa provincial da área de Cultura, María José Gómez, participaron no acto de reapertura da biblioteca municipal desta localidade.

As instalacións, recentemente remodeladas, permiten poñer a disposición da veciñanza deste municipio e, moi en particular, dos estudantes, un recurso cultural do que carecían tras o peche da antiga biblioteca anos atrás, así como dar cumprimento a un compromiso adquirido desde o Goberno local coa posta en marcha deste novo servizo.

A nova biblioteca municipal, empraza no centro cultural Avelino Díaz, está integrada dentro da rede pública da Xunta, coas vantaxes que esta circunstancia ofrece aos seus usuarios: acceso libre e gratuíto ao catálogo conxunto da biblioteca dixital de Galicia e progresiva incorporación das novidades editoriais, entre outras.

Balseiro comprometeuse a colaborar co Concello na potenciación e dinamización deste espazo e dixo que a nova biblioteca responde ás necesidades en materia de estudo dos máis novos, ao mesmo tempo que supón un destacado fondo bibliográfico e incorpora espazos para realizar traballos en grupo, consultas informáticas e outras actividades culturais.

A antiga biblioteca de Riotorto estaba pechada fai máis de dúas décadas e emprazada no baixo do Concello, espazo que agora será ocupado pola Casa Niño, outro novo servizo que o Goberno local porá en marcha en colaboración coa Xunta.

310118 Biblioteca Riotorto
0.14366102218628