Inaugurado no centro de Friol un hotel cultural

TerraChaXa | LugoXa
Abriu as súas portas en Friol Casa da Galbana, un hotel cultural situado na praza Andón Ferreiro que ten o dobre obxectivo de servir de lugar de refuxio de turistas e visitantes así como de centro cultural.
Captura de pantalla 2018 11 07 a las 11.02.40
5 Xan 2021

Abriu as súas portas en Friol Casa da Galbana, un hotel cultural situado na praza Andón Ferreiro que ten o dobre obxectivo de servir de lugar de refuxio de turistas e visitantes así como de centro cultural.

Este establecemento de xestión privada está fundamentado nun negocio familiar no que se apostou pola reforma do antigo edificio, propiedade dun veciño de Friol e pai dos agora promotores, para poder conservar o patrimonio familiar.

A transformación da Casa da Galbana por parte dos promotores nun pequeno hotel rural partiu dun dobre obxectivo, por unha banda unha iniciativa empresarial e por outra a procura dun uso estándar, pero singular e coidado, que dalgún modo dinamice o núcleo no que se localiza, e iso sen esquecer a necesidade de chegar ao turista en xeral, con especial atención no visitante de fin de semana, de verán e peregrinos.

Este proxecto nace tamén froito da preocupación pola arquitectura e a conservación do patrimonio histórico cultural do municipio, e así en todo momento o proxecto encamiñouse á recuperación e posta en valor daqueles elementos máis significativos da arquitectura tradicional como a recuperación de acabados, zócalos, balcóns, proporcións de ocos, carpinterías, revestimientos, etc.

A idea era crear un espazo acolledor e con encanto, ao que acudir na procura de descanso para simultáneamente, gozar dos múltiples atractivos que Friol e os seus alrededores.

Pero a Casa da Galbana non é un simple lugar de aloxamento, xa que fará unha completa oferta cultural que se iniciará en canto se superen as limitacións impostas pola covid-19. Algunhas propostas a levar a cabo son rutas polas vías do Camiño de Santiago que conflúen na zona e percorridos polas igrexas parroquiales, museos e torres que forman parte do patrimonio do lugar. Ademais, desde Casa da Galbana promocionaranse os produtos do lugar organizando degustaciones gastronómicas en colaboración con establecementos e productores, xornadas de pesca, caza e recolleita de setas, estando tamén dentro das iniciativas previstas a organización de talleres especializados vinculados aos oficios tradicionais, exposicións e eventos musicais.

O Hotel Casa da Galbana, cunha superficie construída de 468 metros cadrados, conta con sete habitacións dobres, e un espazo multifuncional e sala de eventos, creándose inicialmente tres postos de traballo, para dar cobertura á oferta deste novo concepto de hotel na contorna rural.

O proxecto do hotel supón un investimento aproximado de 500.000 euros. Para a execución do mesmo contense cunha axuda de 196.731,54 euros do GDR4 da Comarca de Lugo, dentro do marco do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020, en concreto a través do Programa Leader. O orzamento total da reforma ascende a 525.945,50 euros.

Na inaguración do novo establecemento hostaleiro participaron os actuais xerentes, acompañados do presidente do GDR4 e alcalde de Friol, José Ángel Santos, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias.

O alcalde de Friol, e presidente do GDR, José Angel Santos, continuamos comprometidos co impulso e o desenvolvemento económico do municipio, o cal xa é un feito ", o rexedor agradeceu públicamente aos promotores o seu compromiso de investir no municipio, desexándolles sorte nesta nova iniciativa. Friol precisa establecementos coma este, que se poida visitar o noso municipio, tanto pola súa conexión co Camiño Norte, cun aumento exponencial de peregrinos nos últimos anos, como para aqueles que buscan experiencias, turísticas, gastronómicas ou vinculadas á actividade agrícola, e que neste momento estamos promovendo desde o Concello. Os recursos turísticos do municipio vinculados aos recursos naturais precisan dunha potente oferta hoteleira para poñer en valor o municipio, Friol, o corazón verde de Galicia, precisa recursos e apoio e traballando niso estamos as administracións públicas, apostando por investimentos en proxectos como o da Casa da Galbana ”.

Javier Arias Fouz, delegado territorial da Xunta en Lugo sinala que “é unha satisfacción poder comprobar que os fondos públicos están destinados a proxectos viables, con promotores novos que apostan pola nosa zona rural e que crean emprego con expectativas de futuro para seguir medrando. A extensión do Xacobeo ata 2022 é unha boa nova para todos, pero estou seguro de que fará que este hotel despegue para consolidarse no tempo e ser un referente e con Friol, un municipio onde vir será unha obriga ”.

45487157_2063004690389754_8565580585538420736_o
Captura de pantalla 2018 11 07 a las 11.20.36
0.18952012062073