Inauguran na Pastoriza as instalacións que levan o nome de Ángel Basanta
Nun emotivo acto, a biblioteca da Pastoriza abriu este martes, día 27, cun novo nome e co incorporación ao seu catálogo dunha doazón de máis de 10.000 exemplares de libros da colección persoal do crítico literio Ángel Basanta.
Este erudito da literatura, natural da parroquia de Crecente, fixo entrega dos libros que foi acumulando á longo da súa vida, entre comprados, agasallados, dedicados e tamén como parte do seu traballo.
Estes libros pasan a formar parte da biblioteca da Pastoriza, que rende tamén o seu agradecemento ao catedrático de literatura poñéndolle o seu nome ao centro.
Segundo explica Basanta, hai literatura de todos os estilos e procedencias e tamén a bibliografía completa de moitos autores, tanto clásicos como modernos.
No acto, o crítico e catedrático de literatura estivo arroupado por amigos e compañeiros de profesión como Víctor Fernández Freixanes, Emilio Pascual ou José Antonio Ponte. Completou a mesa o alcalde, Primitivo Iglesia, que ademais é amigo de Basanda dende a nenez.
Acompañaron ao autor familiares, amigos e veciños, que enchegaron o salón de actos e que respaldaron a súa presenza o respecto ante un veciño de Crecente, que non deixou de vir á Pastoriza dende que saíu a estudar de rapaz.