Inauguran ‘Pinceladas e trazos’ con pinturas de Masu Santalla
TerraChaXa
A mostra inclúe pinturas de Masu Santalla Ferreiro, que organiza o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba
16 Aug 2024
O mércores 21 de agosto, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a inauguración da exposición Pincelados e trazos, con pinturas de Masu Santalla Ferreiro, que organiza o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, permanecendo aberta ao público no horario habitual da Casa da Cultura dende o 21 de agosto ata o 22 de setembro de 2024.
“A exposición ‘Pinceladas e trazos’ reflicte a miña traxectoria artística dende o óleo ao grafito entre 2006 e a actualidade. Os meus inicios na pintura comezaron xogando coa cor e coas figuras. Anos despois inicieime no retrato a grafito, onde descubrín a expresión artística que máis gozo, e á vez experimentando coa técnica pastel até o día de hoxe”.