Inaugurouse en Vilalba a mostra Galiza. Un pobo, unha selección

TerraChaXa
Inaugurouse en Vilalba a mostra Galiza. Un pobo, unha selección, organizada por Vía Galega coa colaboración da Deputación
Vilalba mostra Galiza un pobo unha seleccion
12 Apr 2022

Inaugurouse en Vilalba a mostra Galiza. Un pobo, unha selección, organizada por Vía Galega coa colaboración da Deputación de Lugo, que poderá a carón do Auditorio Carmen Estévez ata o 28 de abril.

A exposición repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país nos Xogos Olímpicos, na traxectoria das seleccións galegas e na mobilización social arredor do dereito de Galiza a participar con equipos propios en competicións internacionais.

O deputado Efrén Castro, que visitou a mostra acompañada pola alcaldesa de Elba Veleiro, agradeceu “a acollida da exposición que busca difundir a historia do deporte galego, poñendo en valor participacións olímpicas e outros logros deportivos que nos enorgullecen como pobo, ademais de reivindicar deportes tradicionais como a billarda ou os bolos celtas, que contan cunha importante tradición na Terra Chá con colectivos culturais e asociacións veciñais implicadas na súa continuidade”

A MOSTRA: CONTIDOS

Galiza. Un pobo, unha selección, está estruturada en diferentes bloques temáticos. O primeiro deles, centrado no dereito a competir, repasa a loita a prol das seleccións deportivas galegas, o peso de Seareiros Galegos desde o seu nacemento nos 90 e a situación de Galiza no mundo deporte, sen representación, en contraposición co que sucede con outras nacións sen Estado que si compiten internacionalmente como Escocia ou Gales.

A selección galega de fútbol é a protagonista do segundo bloque temático, no que se repasa a súa traxectoria desde que disputara o primeiro partido, en 1922 en Vigo ata o día de hoxe, e no que se glosa os logros dos mellores equipos e xogadores do pais, desde o Balón de Ouro Luís Suárez ata Iago Aspas.

O fútbol gaélico tamén protagoniza un dos paneis expositivos, por ser o  único deporte no que Galiza compite oficial e internacionalmente propia. Tamén contan con espazo na exposición outros deportes minoritarios nos que Galiza acumula éxitos como o squash, o boxeo, o taekwondo, a loita libre, o tiro con arco ou o xadrez.

A mostra inclúe ademais un panel que repasa o desempeño de deportistas de Galiza nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, desde os Xogos de Amberes en 1920.

A muller e a súa loita pola igualdade tamén contan co seu propio bloque temático, con lendas do pasado como Irene Basanta ou Xulia Vaquero e representantes do presente como Raquel Carrera, Belén Toimil, Ana Peleteiro ou Julia Benedetti.

O triatlón, os deportes acuáticos ou o ciclismo contan tamén con cadanseu bloque temático. Os deportes tradicionais tamén teñen o seu espazo con paneis nos que se bota luz sobre disciplinas propias de Galiza como a billarda, a chave, a loita galega ou os bolos celtas. Por último, a exposición tamén afonda na calidade do deporte e deportistas de Lugo, nas disciplinas máis descoñecidas e minoritarias e no mundo do motor.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19587516784668