Incendio nunha vivenda vilalbesa por unha pota ao lume
TerraChaXa
O 112 Galicia atendeu a última hora da tarde deste xoves un incendio declarado no interior dunha vivenda situada na Rúa Campo da Ponte, en Vilalba.
15 Dec 2017
O 112 Galicia atendeu a última hora da tarde deste xoves un incendio declarado no interior dunha vivenda situada na Rúa Campo da Ponte, en Vilalba.
Foi unha veciña quen se decatou do lume porque comezou a percibir o fume que saía da porta de entrada do piso afectado. Deste xeito, chamou ao 112 Galicia, desde onde se activou un operativo formado polos Bombeiros de Vilalba e forzas da orde.
Os servizos de extinción encargáronse de sufocar as lapas, que calcinaron parte da campá extractora e a pota que quedou ao lume. No interior da vivenda non había ninguén no momento no que se produciu o incendio, polo que non foi necesaria a atención sanitaria.
Despois de ventilar a estancia, os bombeiros remataron a súa intervención e volveron á súa base.