Industria e Xunta propoñen estender o período de consultas de Alcoa

TerraChaXa | LugoXa
O Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia propuxeron hoxe á dirección de empresa de Alcoa e aos sindicatos estender ata o próximo 28 de setembro o período de consultas do expediente de regulación de emprego, ERE, para que a empresa negocie a operación de compra-venda en exclusividade con Liberty House como a manter a actividade industrial na fábrica de San Cibrao.
Captura de pantalla 2018 11 23 a las 9.29.29
11 Ago 2020

O Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia propuxeron hoxe á dirección de empresa de Alcoa e aos sindicatos estender ata o próximo 28 de setembro o período de consultas do expediente de regulación de emprego, ERE, para que a empresa negocie a operación de compra-venda en exclusividade con Liberty House como a manter a actividade industrial na fábrica de San Cibrao.

Durante este proceso, Alcoa terase que comprometer a informar regularmente á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e aos órganos e representantes de cada organización sindical da evolución das negociacións. Tamén piden a Alcoaque  deberá manter durante todo ese período a actividade industrial na factoría.

A ampliación do período de consultas terá como obxectivo prioritario pechar un acordo de compra-venda, fixando o 27 de setembro como data límite para conseguilo. Se non se concreta devandito acordo, as partes que integran a comisión negociadora, Alcoa e comité de empresa, reuniranse ao día seguinte co propósito de finalizar o período de consultas.

A proposta trasladada hoxe pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria será remitida ao comité de empresa e a Alcoa para a súa aceptación, que en calquera caso deberase ratificar no marco da comisión negociadora e que terá de marxe para volverse a reunir ata o vindeiro xoves 13 de agosto.

0.13494300842285