Iniciadas as obras de reparación da cuberta do edificio multiusos de Ourol
TerraChaXa | AMariñaXa
6 Abr 2019
O Goberno local do Concello de Ourol, vén de acordar, co construtor do edificio Multiusos, levar a cabo as obras de eliminación das filtracións de agua, existentes actualmente na cuberta do edificio, sen custe para as arcas municipais. Trátase dunha obra importante e demandada en distintas ocasións polas veciñas e veciños, que ven obrigada por un erro construtivo.