Inician obras de mellora nun novo tramo da avenida da Habana

TerraChaXa
O alcalde visitou os traballos, iniciados esta semana, de reposición e servizos e pavimentos dunha nova fase na Avenida da Habana
Avenida Habana visita valentin
16 Feb 2022

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso acompañado do concelleiro de Obras, Pancho Franco, visitaron os traballos, iniciados esta semana, de reposición e servizos e pavimentos dunha nova fase na Avenida da Habana

O proxecto, cun orzamento de 92.880 euros e financiado pola Deputación da Coruña, permitirá mellorar os actuais servizos de iluminación e saneamento e por outro lado a reposición dos pavimentos da beirarrúas.

Así, executarase unha nova rede de recollida de aguas pluviais separativa, nas dúas marxes do viario, que irá dotada dos correspondentes sumidoiros e arquetas. As dúas liñas de augas pluviais conectaranse ás redes existentes, executadas na fase anterior, á altura da rúa Monfero. Por outra banda, sobre a rede de saneamento existente colocaranse arquetas de rexistro nas acometidas dos edificios nas dúas marxes da rúa.

Proxéctase igualmente o cambio do alumeado público, coa instalación de novos puntos de iluminación con tecnoloxía LED, sobre novos báculos dobres de 7 metros de altura.

As obras completaranse coa execución de novas beirarrúas, con bordo prefabricado de formigón e pavimento con baldosas de formigón granallado e os pasos de peóns executaranse con baldosa regulamentaria de botóns e direccional, e a pendente axeitada.

Os traballos rematarán coa dotación de mobiliario urbano e a reposición da sinalización horizontal e vertical.

0.23338603973389