Inma Purriños expón a súa mostra sobre o cancro na Pastoriza
TerraChaXa
O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc da Casa da Cultura da Pastoriza acolle unha mostra exposición de Inma Purriños e a asociación Somos Unidos por el Cáncer.
23 Xan 2023
O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc da Casa da Cultura da Pastoriza acolle unha mostra exposición de Inma Purriños e a asociación Somos Unidos por el Cáncer.
Nela amósase a través de 17 fotografías a presenza do cancro de peito no tempo dunha muller, Rosana Roca. O coñecemento do feito, a loita, a recuperación, a nova vida... son algunhas das fases que se plasman estas imaxes que poden verse nesta mostra ata o 23 de febreiro.
A exposición xa estivo en varios centros culturais como o Vello Cárcere de Lugo.